martes, 7 de abril de 2020

28.- ( Zona 22 ) AS FORCADAS ( 2 ) OS ALTOS DAS FORCADAS

                OS ALTOS DAS FORCADAS

                                 A Mina


Na imaxe, a " peninsula aràbiga"  onde fican o Monte das Cancelas e a Chaira das Charcas. No sul fica entre o Porto do Rio, Bustomeao, Corvelle e o  Albardo esta Zona 22 : a grande necròpolis das Forcadas ( A Fraga do Xesto).

 A Mina
No lugar do cruce cara o Lugar das Cancelas presentasebunha extensiòn moi achairada que fora reaproveitada para canteira.Sò quedan uns montìculos...


Vista da Mina coas suas coordenadas.

Dende a Mina vemos o cruce cara o Lugar das Cancelas e os altos das Forcadas ( deeita).
                       Os Altos das Forcadas
Vista da Mina ( no centro da imaxe) . Observade os desniveis e os debuxos na terra.

Subindo polos Altos das Forcadas atopamos esta estructura.

...estructura k fica a brira dun sendeiro.
 A " entrada oficial a Necrópolis das Forcadas
Na mesma pista do Albardo aparècesenosvesta pedra co singular rebaixe no seu curuto ( axexadoiro). Estamos xà na " doada entrada oficial " à necropolis das Forcadas, mais nòs imos preferir acceder pola parte central dos Altos que a protexen.

VISTAS XERAIS DA NECRÓPOLIS DAS FORCADAS
Enclavada nunha grande chaira, este eido - permanentemente ocupado dende epocas inmemoriables; fora un referente - tristemente esquecido- para èpocas actuais.

Vista xeral dos Altos das Forcadas ( no centro da imaxe)

Os moi marcados surcos dan fè da ocupaciòn e das estructuras creadas en diferentes e sucesivas èpocas.
En 1 termo, o 3B.

 OS PECHES NOS ALTOS DAS FORCADAS
O Brañòn (1B e 2B). Ofrecemosvos diversas vistas da estructura circular da esquerda.

No centro da imaxe, nos Altos, aprèciase o peche circular en torno a pedregosa parte alta.
Añadir leyenda
Añadir leyenda

Nos Altos, atopanse restos de peches na contorna alta da anterior peche





 POLO CARREIRO CENTRAL DAS FORCADAS
AProfundos e marcados caminos vertebran a chaira das Forcadas

AñNo ce

Neste "pasillo" confluien o extremos da chaira coas primeiras estribaciòns dos Altos 
                               Os Refuxios


As estribaciòns dos Altos estàn dominadas por vsrios complexos pètreos.

A iste chamaremoslle...comepedras?

È unha constante ollar grupos desordenados de grandes penas.

Detalle

Cazoleta con canaleta.

Complexo pètreo.



lunes, 6 de abril de 2020

27.- ( Zona 22 ) AS FORCADAS ( 1 ) XENERALIDADES

                     AS FORCADAS

A grande Necropolis das Forcadas que maioritariamente ocupa esta Zona 22, sitùase no extremo sul da grande chaira das Cancelas. Ainda que xenèricamente denominase "A Fraga do Xesto" , compònse de duas partes ben definidas: Brañòn ( area esquerda) e As Forcadas (àrea dereita); ainda que nòs engadìmoslle a posteriori unha terceira parte: o seu norde cos seus pasos entre os dous outeiros existentes que protexen esta extensa chaira, que chamaremos "Os Altos das Forcadas".
                        Xeneralidades

Area achairada do suloeste da peninsula “ arábiga” limitada polo Rio das Charcas curvándose cara a dereita polo sul e por un pequeño cordal montañoso (Os Altos)que deixa paso a pista do Albardo .
B) XENERALIDADES

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía .- Alguns pequenos e contados outeiros deseñan esta area maiormente achairada. No seu norte un pequeño cordal a separa das Cancelas, limitándoo pola pista que vai o Albardo.
B.1.3 Outeiros. Pequeno cordal descollando a maior altura en 560 m. ( Os Altos)
B.1.4..- Chairas.- Longa chaira a 530 m

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte
Monte Baixo
B.2.3. Especies crecemento .-  Monte Baixo

B.3.1.- .1.1 AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..-  Non se observan rios nen regos, si pequenos regatos ocasionais nunha zoa ocasionalmente encharcada.
B.3.3 .-Depresións.- Suave depresión do Rio das Charcas limitando esta área polo sul.
B.3.4 .- Rutas-  non
B.3.5.- Berces.- .- No centro dereita do Brañòn ten o seu berce un pewueno regato k baixa polo sul.
B.3.6.- Fontes.-  non figuran oficialmente

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc. No sul existen unha serie de cercados " contemporaneamente actuslizados, que rodean cotos para labor, que ben poideran ser a testemuña dos limites ocupacionais  de antergos asentamentos. Esta Àrea fora ocupada permanentemente dende o Paleolìtico.
C.1.2.- Camiños principais .-  Dentro desta ocupada área existen diversos camiños de todo tipo, polo que merece un estudo mais ampliamente detallado, dada a sua importancia.

D) TOPONIMIA.- Xesto, Forcadas, Brañòn .

E) XACIGOS.- Estamos ante unha das meirandes necrópolis da área septentrional da Serra do Xistral con varias estacións tumulares dentro deste depósito arqueolóxico que se nos antolla moi amplio , recollendo varias épocas e ofrecendo de todo, dende os clasicos refuxios do paleolitico, pasando polos primeiros povoados do Neolítico e indo a o Bronce, deixando tras de sí restos tumulares e outros tipos de xacigos.

E) As Seccións

Sección A

Xeografía.- Recollemos no sul parte do Brañon achairado con algun regato que fai de separación dentro dunha zona medio pantanosa. O Cordal dos Altos  que o separa da estradiña ofrécenos alguns pasos cara achegarnos a ésta. Nesta mesma estrada hai unha desviación que nos levará ó Lugar de Cancelas.
Patrimonio No cruce da desviación ó Lugar das Cancelas existe resto dunha mina con algunhas alteracións na sua bisbarra achairada. Na elevación que separa esta estradiña con o Brañón existen alguns restos sen saber especificar o sentido dos mesmos.

Sección B

Xeografía.- Diversos pasos levarános a cruzar esta pequena barreira montañosa  ou Altos ,para acceder a extensa chaira das Forcadas.
Patrimonio Bordeando un prado que nos quedará a man esquerda por un camiño vello e empedrado, chegaremos a Chaira do Xesto, chamada das Forcadsas. Según entramos nela teremos grandes depósitos líticos xunto a entrada ó prado e unha longa ringleira de chantas de grande tamaño que lle fai de cercado. A poucos metros da entrada actual ó Prado existe a entrada antiga. En frente a esta fica solitaria unha grande mámoa . Unha grande conca según acaba o cordal montañoso farános de guia para acceder a sección A do Brañón.
Tamén podemos acceder a chaira das Forcadas nor un carreiriño que fica no medio do cordal ; onde pode existir un peche habitacional. Os regatos nesta áres son constantes.

Sección C

Xeografía.- Diversos peches fican nesta sección na parte sul dun sendeiro de entrada provinte dun cruce ( Bustomeao o oeste, O Santuario das Charcas fica no noroeste a 200 m, sempre seguindo o curso do camiño que vén das Charcas). Diversos outeiros marcan novas rutas a explorar, algunhas das cales atópanse limitadas por cercados de terras en labradío.
Patrimonio.- Na parte confluinte con a sección A atopamos alguns refuxios e complexos pétreos bastantes interesantes de estudo, asi como todo o sul desta sección , ocupada por peches antigos reconvertidos na actualidade.

Sección D
Xeografía Zona achairada o pé da depresión do Rio das Charcas.
Patrimonio.- Estos peches existentes deixan paso a restos tumulares de importancia, sen saber especificar a cantidade nen a situación polo momento.



26.- ( Zona 21 ) PORTO DO RIO BAIXO . O SANTUARIO DAS ARCAS

                 O CHAN DAS ARCAS


Situada na entrada da Necrópolis das Forcadas , na imaxe ollamos a entrada na Necròpolis das Forcadas dende o sul das Charcas . Na dereita, onde a flecha, sitùase a estructura mais anterga das Forcadas.

Retrocedamos à visiòn xeral  desta Zona 21: Os dous camiños que baixan cara unha àrea comùn, dende onde dividirànse (sul centro da imaxe). No centro da imaxe, o corazòn das Charcas, a dereita, as Forcadas, e no angulo superior deeito, os accesos o monte Terreiro.


Imos o Pòrtico de un dos Santuarios das Charcas ( flecha).

Chsmamoslle " o Pòrtico" ou antesà do "Santuario" que farà honra o seu nome de " Chan das Arcas" e k se situa nas zonas boscosas bordeando a depresion do Rio das Charcas.

A chaira conten restos pètreos naturais ou non por todala sua bisbarra.

De supeto surde unha pequena elevaciòn cargada de elementos pètreos nos seus curutos, coma o do centro da imaxe.

Afondando nesta Àrea, descubrimos a entrada o Santuario.

Añadir leyenda

O SANTUARIO DO CHAN DAS ARCAS
O Santuario das Charcas. Parte central.

A Arca do Santuario

Interior da Arca do Santuario

Por azares do destiño, esta contorna consèrvase perfectamente, dàndonos unha idea do que fora un dia moi lonxano esta enigmàtica e venerada Chaira das Arcas.

sábado, 4 de abril de 2020

25.- ( Zona 21) PORTO DO RIO BAIXO , XENERALIDADES

                        PORTO DO RIO BAIXO 

Añadir leyenda

Ante a imposiblidade de podervos colgar a carta correspondente a esta Zona 21, vou tentar explicarvos a mesma con axuda das xa obligadas imaxenes. Imos en primeiro lugar delimitar a Zona 21.


B) XENERALIDADES

Retrocedamos o visto ate o de agora para identificación desta nova Zona. Tal como relata a imaxe, estamos diante dunha peninsula, semellante a “ península Arábiga” que limita o norde con o acceso natural pola “ Porta” da Subestación Eléctrica, o leste con a grande depresión do Rio das Cancelas, no oeste con outra depresión, esta do Rio das Charcas; e cortando esta península polo sul as terras do Albardo e Corvelle.
Nós imos explorar a parte suloeste , alén do Rio das Charcas para ir ate o Rio do Porto do Rio, para expoñer respectivamente a Área das Charcas ( recordade: “ Chan das Arcas” ) , para irmos adentrarnos na parte final dos dous camiños cara as Forcadas.

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía.- Terras achairadas entre sucesivas depresións e concas.
B.1.3 Outeiros. Dos 600 m das terras intermedias, estamos nunha área de transición , casi poderiamos decir que nas bases da gran cadea do Xistral.
B.1.4..- Chairas.- As partes chans desta área facilita a ubicación de antergos refuxios, o ser esta peninsula moi peculiar ( calificaríamola de obxetivo ) en canto as migracions historicas dos animais salvaxes.

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte
Monte baixo agás algunas zonas povoadas de piñeirais.
B.2.3. Especies crecemento .-  Piñeiros.

B.3.1.- .1.1 AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..-Esta zona ofrécenos varios cauces fluviais, grandes e pequenos . 
B.3.3 .-Depresións Duas grandes depresións, as formadas polos Rio das Charcas e Porto do Rio.
B.3.4 .- Rutas-  Indistintamente, os pequenos regatos desembocan as beiras occidental e oriental do Rio das Charcas.
B.3.5.- Berces.- .- Posiblemente nas partes superiores afloren pequenos regatos
B.3.6.- Fontes.-  Non se aprecian.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc. Non se aprecian.
C.1.2.- Camiños principais .-  Existen dous camiños primitivos bastante fortes; o que vén dende as Charcas ( bifurcado do que vai o Terreiro ) e o que vén das Terras Altas cara Corvelle, bifurcándose cara o Albardo pola Fraga do Xesto.

D) TOPONIMIA.- Xesto, Albardo, Corvelle, Bustomeao, Charcas, Porto do Rio.

E) XACIGOS Ainda que a zona das Charcas a temos na sua metade sen explorar, podemos anticipar a presencia de xacigos funerarios no inicio da depresión do seu Rio. Sin esquecer que estamos en zona de Arcas e que é o paso cara unha importante necrópolis.

SECCIÓNS

Sección A.-

Xeografía.- Comprende a marxe dereita do Rio das Charcas que sube dos 600 os 650 m cara bater co camiño de baixada das terras altase lindar coa Veiga de Murás.
Patrimonio.- ´Sección sen explorar.

Sección B.-

Xeografía.-Area achairada e pantanosa entre a Pista que sube do Albardo e o Camiño que baixa cara Corvelle.
Patrimonio.- Gran monolito situado nun descanso na curva da Pista, xusto diante do outeiro 617m
Área boscosa con posibles xacigos de Arcas de forma dolménica, e Refuxios.

Sección C.-

Xeografia .- Baixada escalonada cara o Lugar do Porto do Rio. Polo medio da sección descurre o Rio do mesmo nome.
Patrimonio.- Detectamos outro tipo de constitución nas penas, elo xunto coa sua presunta antiguedade e o seu espallamento , lévanos a importancia arqueolóxica deste lugar. O carón do camiño de baixada observamos pequenos outeiros constitutivos de posibles refuxios.

Sección D.-

Xeografía.- Zona de baixada onde confluien os Rios das Charcas e do Porto do Rio , formando o Rio de Corvelle. Porta de entrada a Fraga do Xesto, e as Forcadas.

Patrimonio.-Varios cruces de camiños lévanos a Bustomeao no sul e a Fraga do Xesto no leste, entrando así nunha das mais meirandes necrópolis do Xistral.




Sendeiro/ feita pista sen asfaltar que, tendo o seu berce (angulo superior dereito) na pista asfaltada que vai o Albardo ( vimolo na Zona 18), vai cara a base do Monte Terreiro, onde finaliza; mais vemos que bifùrcase ( parte central da imaxe) con outro màis potente que vai baixar cara o oeste das Forcadas. O longo deste sendeiro iremos vendo os restos arqueolóxicos que presuntamente adiviñamos nesta área do " Chan das Arcas"; o que adicaremos o capítuo seguinte.  


Finalmente como complemento, ofrecémosvos duas vistas das seccións A e C , da esquerda  desta Zona 21; a que fica na parte superior e inferior  do camiño  do Porto do Rio.
Nesta parte superior do camiño aparécesenos profundas marcas xunto con varios grupos de grandes pedras; vitais , sabendo o que temos na parte superior da imaxe: a base do enigmático Monte Torreiro do que falaremos de vagar no blog adicado as Terras Altas.

Finalmente na parte inferior do Camiño aparécesenos varias profundas e curtas elevacións de terreo  bastante peculiares en relación con os Asentamentos do Paleolítico.
No centro da imaxe descurre o Porto do Rio  formando unha área de influencia bastante notable a medida que se vai achegando o Lugar do mesmo nome. 
Un chisco mais abaixo, xa fora do mapa fica un importante centro arqueolóxico con importantes pegadas do Paleolítico . Mais iso xá queda para o seguinte blog das Terras Altas.
Non esquezamos que esta Zona 21 só é unha área de transición entre as terras intermedias ( ate os 600 m e as agardadas terras altas da Serra do Xistral.


viernes, 3 de abril de 2020

24.- ( Zona 20 ) FREIXIDO. XENERALIDADES

                           FREIXIDO


Os Rios Ouro e o Rio resultante da conxunciòn dos Rios Cancelas/Fraga das Lerias ( que confluien na Cova do Baratòn) marcan xeograficamente esta abrupta Zona 2O; marcando os 150 m das zonas baixas marcadamente fondas pola depresiòn marcada polo Rio Ouro o seu paso polos altos do Lugar de Freixido, O Loureiro (312 m) e A Ribeira. Freixido è o berce da pista que nos levarà o alto da curva da Pista do Escallal, cara as Terras Altas.
                      Xeneralidades

B) XENERALIDADES
Centrada na forte depresión do rio Ouro, penichairas habitadas e usadas con constancia baixan cara o porto fluvial.

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía.- As depresións fluviais marcan a abrupta orografía
B.1.3 Outeiros .312 m – 240 m ate os 150 m
B.1.4..- Chairas.-Suaves planicies no norde. Gran depresión no sul.

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte .-
En uso agrícola.
B.2.3. Especies crecemento .-  Plantacións de Eucaliptus e pinos.

B.3.1.- .1.1 AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..-  O Rio Ouro actua de nexo, compartindo con o caudal dos rios Cancelas e Fraga das Lerias, que xuntaran as suas augas no Ouro un chisco antes.
B.3.3 .-Depresións Fonda depresión do rio Ouro e do seu afluente en menor medida.
B.3.4 .- Rutas-  Sul – Norde.
B.3.5.- Berces.- .- Non
B.3.6.- Fontes.-  Non constan oficialmente.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc. Profusión de plantas pechadas. Todo terreo acotado por marcos e lindes tipicos de terreos de cultivo.
C.1.2.- Camiños principais .- 

D) TOPONIMIA.- Loureiro, Cova do Baratón, Freixido, Ouro, Muxueira.

E) XACIGOS

- Posiblemente Freixido e Muxueira foran ergueitos dende antigos castros.

b) As Seccións

Sección A
1.- Xeografía.- Chairas pequenas e ocupadas en torno o Lugar do Freixido, Terras de labor.
2.- Patrimonio.- .- Estructuras reutilizadas.

Sección B
1.- Xeografía.- Depresión forte do Rio Ouro. Con algunha penichaira.
2.- Patrimonio.- .- Non se tén investigado nin detectado ningún tipo de estructura.

Sección C
1.- Xeografía.- Outeiro do O Loureiro. No seu pé está a Cova do Baratón, Forte depresión do Rio Ouro, no alto do outeiro do Loureiro, fica a Aldeia de Muxueira, con os contornos tipicos de un castro remarcados pola estradiña de acceso. Desembocadura do rio Fraga das Leiras ( unha vez asumido o caudal do Rio das Charcas ) con o Rio Ouro.
2.- Patrimonio.- .- Estructuras reutilizadas no cume do outeiro, con posiblidad de asentamento fortificado.

Sección D
1.- Xeografía.- Atravésao o Rio Ouro, formando unha depresión . Plataforma no fondo.
2.- Patrimonio.- .- Non se tén investigado nin detectado ningún tipo de estructura.