jueves, 2 de abril de 2020

21.- ( Zona 19 ) FERROCENTE. XENERALIDADES

                            FERROCENTE 




                          Xeneralidades


B) XENERALIDADES

Encaixado nunha alta planicie entre as grandes depresións do Rio da Fraga das Leiras e o Rio das Cancelas fica un grande asentamento protexido por unha elevación estratéxica que domina toda a bisbarra.
B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía.- Diversos balcóns dán descanso a aba descendente entre as duas grandes depresións.
B.1.3 Outeiros.- 526 m, a parte alta do gran asentamento que se eleva dende a sua base de 514m nunha constante baixada ate bater coa estrada Ferreira-Cadramón no seu 11 km a 250 m
B.1.4..- Chairas.-Grande chaira alongada do asentamento de Ferrocente.

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte.
- Monte baixo.
B.2.3. Especies crecemento .-  Tramos concretos a pinos e eucaliptus.

B.3.1.- .1.1 AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..Rio da Fraga das Leiras polo norte e Rio das Cancelas polo sul.
B.3.3 .-Depresións.- Lonxe de nomearlo como un Couce, as duas profundas e grandes depresións formadas dan forma as terras centrais, elevadas ate os 526m do Asentamento de Ferrocente.
B.3.4 .- RutasLeste-Oeste
B.3.5.- Berces.- .- Non
B.3.6.- Fontes.- Non constan oficialmente.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc. Circulares ou poligonales. Pechadas con bastante liñas e lindes.
C.1.2.- Camiños principais .-  Coincidente coa pista de baixada ás terras baixas.

D) TOPONIMIA.-  Ferrocente, Cortegaza, Fraga das Lerias.

E) XACIGOS

Estructura ovalada 19/A/7
Estructura ovalada 19/C/1
Estructura defensiva 19/C/1.2.4,5 ( tantos peches circulares concentrados en poucos km2, xustifica a existencia dun punto de observaciòn protexido)

b) As Seccións

Sección A
1.- Xeografía.- Baixada forte agás a pequena chaira do lugar de Ferrocente. Terras de labor.
2.- Patrimonio.- .- Cara norte da baixada protexida do asentamento alto de Ferrocente. Grandes peches ovalados ou circulares, continuados na baixada o carón da pista

Sección B
1.- Xeografía.- Lugar de Cortegaza, Forte baixada. O Rio Fraga das Leiras baixa forte , cruzando a estrada Ferreira-Cadramón
2.- Patrimonio.- .- Non se tén detectado ningún tipo de estructura.

Sección C
1.- Xeografía.- Baixada forte á depresión do Rio das Cancelas
2.- Patrimonio.- .- Forte, cuidada e estratéxica elevación ,ocupada dende tempos remotos cecáis a modo de Fortaleza e aproveitada e pechada a posteriori.

Sección D
1.- Xeografía.- Agás algunhas suaves terrazas escalonadas, a baixada é abrupta e terminal, desembocando, xunto co Rio Canelas na estrada Ferreira-Cadramón… éste a poucos afluirá no Rio Fraga das Leiras para éste desembocar no Rio Ouro.
2.- Patrimonio.- .- Non se tén detectado ningún tipo de estructura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario