Area
achairada do suloeste da peninsula “ arábiga” limitada polo Rio
das Charcas curvándose cara a dereita polo sul e por un pequeño
cordal montañoso (Os Altos)que deixa paso a pista do Albardo .
B)
XENERALIDADES
B.1.1 TERRA
B.1.2-
Orografía .- Alguns pequenos e contados
outeiros deseñan esta area maiormente achairada. No seu norte un
pequeño cordal a separa das Cancelas, limitándoo pola pista que vai
o Albardo.
B.1.3 Outeiros.
Pequeno
cordal descollando a maior altura en 560 m. ( Os Altos)
B.1.4..-
Chairas.-
Longa
chaira a 530 m
B.2.1
VEXETACIÓN
B.2.2 Tipo monte Monte Baixo
B.2.3.
Especies crecemento .- Monte
Baixo
B.3.1.- .1.1
AUGAS
B.3.2
.- Cauces e
Concas..- Non
se observan rios nen regos, si pequenos regatos ocasionais nunha zoa
ocasionalmente encharcada.
B.3.3
.-Depresións.- Suave
depresión do Rio das Charcas limitando esta área polo sul.
B.3.4
.- Rutas-
non
B.3.5.- Berces.- .- No centro dereita do Brañòn ten o seu berce un pewueno regato k baixa polo sul.
B.3.6.- Fontes.-
non
figuran oficialmente
C) HÁBITAT
C.1.1.- Cercados,
Marcos, etc.
No
sul existen unha serie de cercados " contemporaneamente actuslizados, que rodean cotos para labor, que
ben poideran ser a testemuña dos limites ocupacionais de antergos asentamentos. Esta Àrea fora ocupada permanentemente dende o Paleolìtico.
C.1.2.- Camiños principais
.-
Dentro
desta
ocupada área
existen diversos camiños de todo tipo, polo que merece un estudo
mais ampliamente detallado, dada a sua importancia.
D) TOPONIMIA.- Xesto,
Forcadas, Brañòn .
E) XACIGOS.-
Estamos
ante unha das meirandes necrópolis da área septentrional da Serra
do Xistral con varias estacións tumulares dentro deste depósito
arqueolóxico que se nos antolla moi amplio , recollendo varias
épocas e ofrecendo de todo, dende os clasicos refuxios do
paleolitico, pasando polos primeiros povoados do Neolítico e indo a
o Bronce, deixando tras de sí restos tumulares e outros tipos de
xacigos.
E)
As Seccións
Sección
A
Xeografía.-
Recollemos
no sul parte do Brañon achairado con algun regato que fai de
separación dentro dunha zona medio pantanosa. O Cordal dos Altos que o separa
da estradiña ofrécenos alguns pasos cara achegarnos a ésta. Nesta
mesma estrada hai unha desviación que nos levará ó Lugar de
Cancelas.
Patrimonio
No
cruce da desviación ó Lugar das Cancelas existe resto dunha mina
con algunhas alteracións na sua bisbarra achairada. Na elevación
que separa esta estradiña con o Brañón existen alguns restos sen
saber especificar o sentido dos mesmos.
Sección
B
Xeografía.-
Diversos
pasos levarános a cruzar esta pequena barreira montañosa ou Altos ,para
acceder a extensa chaira das Forcadas.
Patrimonio
Bordeando
un prado que nos quedará a man esquerda por un camiño vello e
empedrado, chegaremos a Chaira do Xesto, chamada das Forcadsas.
Según entramos nela teremos grandes depósitos líticos xunto a
entrada ó prado e unha longa ringleira de chantas de grande tamaño
que lle fai de cercado. A poucos metros da entrada actual ó Prado
existe a entrada antiga. En frente a esta fica solitaria unha grande
mámoa . Unha grande conca según acaba o cordal montañoso farános
de guia para acceder a sección A do Brañón.
Tamén
podemos acceder a chaira das Forcadas nor un carreiriño que fica no
medio do cordal ; onde pode existir un peche habitacional. Os regatos
nesta áres son constantes.
Sección
C
Xeografía.-
Diversos
peches fican nesta sección na parte sul dun sendeiro de entrada
provinte dun cruce ( Bustomeao o oeste, O Santuario das Charcas fica
no noroeste a 200 m, sempre seguindo o curso do camiño que vén das
Charcas). Diversos outeiros marcan novas rutas a explorar, algunhas
das cales atópanse limitadas por cercados de terras en labradío.
Patrimonio.-
Na
parte confluinte con a sección A atopamos alguns refuxios e
complexos pétreos bastantes interesantes de estudo, asi como todo o
sul desta sección , ocupada por peches antigos reconvertidos na
actualidade.
Sección
D
Xeografía
Zona
achairada o pé da depresión do Rio das Charcas.
Patrimonio.-
Estos
peches existentes deixan paso a restos tumulares de importancia, sen
saber especificar a cantidade nen a situación polo momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario