sábado, 4 de abril de 2020

25.- ( Zona 21) PORTO DO RIO BAIXO , XENERALIDADES

                        PORTO DO RIO BAIXO 

Añadir leyenda

Ante a imposiblidade de podervos colgar a carta correspondente a esta Zona 21, vou tentar explicarvos a mesma con axuda das xa obligadas imaxenes. Imos en primeiro lugar delimitar a Zona 21.


B) XENERALIDADES

Retrocedamos o visto ate o de agora para identificación desta nova Zona. Tal como relata a imaxe, estamos diante dunha peninsula, semellante a “ península Arábiga” que limita o norde con o acceso natural pola “ Porta” da Subestación Eléctrica, o leste con a grande depresión do Rio das Cancelas, no oeste con outra depresión, esta do Rio das Charcas; e cortando esta península polo sul as terras do Albardo e Corvelle.
Nós imos explorar a parte suloeste , alén do Rio das Charcas para ir ate o Rio do Porto do Rio, para expoñer respectivamente a Área das Charcas ( recordade: “ Chan das Arcas” ) , para irmos adentrarnos na parte final dos dous camiños cara as Forcadas.

B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía.- Terras achairadas entre sucesivas depresións e concas.
B.1.3 Outeiros. Dos 600 m das terras intermedias, estamos nunha área de transición , casi poderiamos decir que nas bases da gran cadea do Xistral.
B.1.4..- Chairas.- As partes chans desta área facilita a ubicación de antergos refuxios, o ser esta peninsula moi peculiar ( calificaríamola de obxetivo ) en canto as migracions historicas dos animais salvaxes.

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte
Monte baixo agás algunas zonas povoadas de piñeirais.
B.2.3. Especies crecemento .-  Piñeiros.

B.3.1.- .1.1 AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..-Esta zona ofrécenos varios cauces fluviais, grandes e pequenos . 
B.3.3 .-Depresións Duas grandes depresións, as formadas polos Rio das Charcas e Porto do Rio.
B.3.4 .- RutasIndistintamente, os pequenos regatos desembocan as beiras occidental e oriental do Rio das Charcas.
B.3.5.- Berces.- .- Posiblemente nas partes superiores afloren pequenos regatos
B.3.6.- Fontes.-  Non se aprecian.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc. Non se aprecian.
C.1.2.- Camiños principais .-  Existen dous camiños primitivos bastante fortes; o que vén dende as Charcas ( bifurcado do que vai o Terreiro ) e o que vén das Terras Altas cara Corvelle, bifurcándose cara o Albardo pola Fraga do Xesto.

D) TOPONIMIA.- Xesto, Albardo, Corvelle, Bustomeao, Charcas, Porto do Rio.

E) XACIGOS Ainda que a zona das Charcas a temos na sua metade sen explorar, podemos anticipar a presencia de xacigos funerarios no inicio da depresión do seu Rio. Sin esquecer que estamos en zona de Arcas e que é o paso cara unha importante necrópolis.

SECCIÓNS

Sección A.-

Xeografía.- Comprende a marxe dereita do Rio das Charcas que sube dos 600 os 650 m cara bater co camiño de baixada das terras altase lindar coa Veiga de Murás.
Patrimonio.- ´Sección sen explorar.

Sección B.-

Xeografía.-Area achairada e pantanosa entre a Pista que sube do Albardo e o Camiño que baixa cara Corvelle.
Patrimonio.- Gran monolito situado nun descanso na curva da Pista, xusto diante do outeiro 617m
Área boscosa con posibles xacigos de Arcas de forma dolménica, e Refuxios.

Sección C.-

Xeografia .- Baixada escalonada cara o Lugar do Porto do Rio. Polo medio da sección descurre o Rio do mesmo nome.
Patrimonio.- Detectamos outro tipo de constitución nas penas, elo xunto coa sua presunta antiguedade e o seu espallamento , lévanos a importancia arqueolóxica deste lugar. O carón do camiño de baixada observamos pequenos outeiros constitutivos de posibles refuxios.

Sección D.-

Xeografía.- Zona de baixada onde confluien os Rios das Charcas e do Porto do Rio , formando o Rio de Corvelle. Porta de entrada a Fraga do Xesto, e as Forcadas.

Patrimonio.-Varios cruces de camiños lévanos a Bustomeao no sul e a Fraga do Xesto no leste, entrando así nunha das mais meirandes necrópolis do Xistral.




Sendeiro/ feita pista sen asfaltar que, tendo o seu berce (angulo superior dereito) na pista asfaltada que vai o Albardo ( vimolo na Zona 18), vai cara a base do Monte Terreiro, onde finaliza; mais vemos que bifùrcase ( parte central da imaxe) con outro màis potente que vai baixar cara o oeste das Forcadas. O longo deste sendeiro iremos vendo os restos arqueolóxicos que presuntamente adiviñamos nesta área do " Chan das Arcas"; o que adicaremos o capítuo seguinte.  


Finalmente como complemento, ofrecémosvos duas vistas das seccións A e C , da esquerda  desta Zona 21; a que fica na parte superior e inferior  do camiño  do Porto do Rio.
Nesta parte superior do camiño aparécesenos profundas marcas xunto con varios grupos de grandes pedras; vitais , sabendo o que temos na parte superior da imaxe: a base do enigmático Monte Torreiro do que falaremos de vagar no blog adicado as Terras Altas.

Finalmente na parte inferior do Camiño aparécesenos varias profundas e curtas elevacións de terreo  bastante peculiares en relación con os Asentamentos do Paleolítico.
No centro da imaxe descurre o Porto do Rio  formando unha área de influencia bastante notable a medida que se vai achegando o Lugar do mesmo nome. 
Un chisco mais abaixo, xa fora do mapa fica un importante centro arqueolóxico con importantes pegadas do Paleolítico . Mais iso xá queda para o seguinte blog das Terras Altas.
Non esquezamos que esta Zona 21 só é unha área de transición entre as terras intermedias ( ate os 600 m e as agardadas terras altas da Serra do Xistral.


No hay comentarios:

Publicar un comentario