domingo, 29 de marzo de 2020

14.- ( Zona 17) MONTE DAS CANCELAS ( 1 ) XENERALIDADES

                 MONTE  DAS CANCELAS 

                                       XENERALIDADES



Nesta Zona 17 reflexaremos a posible "porta de entrada" ( situada onda a estación eólica ), e de seguido   a grande e deserta chaira  "porticada" moi ben abeirada por sendas depresiòns fluviais.  Na sua parte norde (A) escomenza o terreo a elevarse definitivamente cara as terras altas. Restos dunha mina e un pequeno circuito  o reflexan. O gran Monte das Cancelas ocupa todo o resto da sección A e todas as seccións B.e D 
A depresión do Rego das Charcas enfila e dirixe o camiño cara o Terreiro na sección C



Abandoamos as Areas moi marcadas e moi relacionadas entre si  ( Xesto, Bico Longo, Prado das Chantas, Penidos, Sinas...) para entrar noutro mundo.
Mundo moi pouco coñecido pero tamèn moi ocupado dende épocas inmemoriables como as Areas anteriores. Os topònimos " Cancelas, Charcas, Porto do Rio, etc" tomando como referencia a presunta  fortaleza do Terreiro, vannos levar a descubrir outros hàbitats tan relevantes como os marcados con anterioridade. Nestas 4 Zonas que vos ofrecemos marcan a sua influencia os Rios que baixan, creando as propias rutas estacionarias das migraciòns do gando  que marcaran a vida human desde o paleolitico.
Asi pois, os Rios das Cancelas ( ou Canelas), Charcas, etc. delimitaran uns espacios coas suas fronteiras moi ben delimitadas en toda esta àrea; presentada hoxendia como inhòspita, pero sin deixar de tèr a faceta històrica da sua ocupaciòn dende o paleolìtico.


B) XENERALIDADES

Área intermedia entre as terras altas das grandes cumes e as terras medianas que viñeramos explorando. Porción de terras entre os  dous fortes depresións que forman os Rios das Cancelas e o das Charcas.
B.1.1 TERRA

B.1.2- Orografía .- Penichaira erizada de pequenas cumes na sua parte oeste para ir suavizándose cara o leste.
B.1.3 Outeiros. 661m 634m
B.1.4..- Chairas.- alongada entre os rios, sempre con cambios bruscos de nivel.

B.2.1 VEXETACIÓN

B.2.2 Tipo monte
Monte Baixo
B.2.3. Especies crecemento .-  As depresións conforman boas zonas de vexetación autóctona .

B.3.1.- .1.1 AUGAS
B.3.2 .- Cauces e Concas..-  Cauce do Rio das Cancelas o longo das seccións A e B. Cauce do Rio das Charcas, que atravesa a sección C e dun terceiro que desemboca no Rio das Charcas.
B.3.3 .-Depresións Depresións moi acusadas do Rego das Charcas e do Rego das Canelas ou Cancelas.
B.3.4 .- Rutasdirección oeste-leste.
B.3.5.- Berces.- .- O corto rego que desemboca no rio das Charcas tén o seu berce no 17/A/1
B.3.6.- Fontes.-  Oficialmente non se aprecian, mais podense intuir a sua existencia.

C) HÁBITAT

C.1.1.- Cercados, Marcos, etc. .- Definidos e pechados
C.1.2.- Camiños principais .-  Área bastante transitada con abundantes camiños que se entrecruzan.

D) TOPONIMIA.- Rego das Charcas, Rego das Canelas, Cancelas.

E) XACIGOS

Abundantes cercados ovoidades ou redondos.
Estructura norte da desviación 17/B/7
Estructura central da desviación17/D/1
Estructura Sul da desviación 17/D/4. 17/C/6
Estructura carón Rego das Charcas 17/C/9
Estructura alén do sur da desviación 17/D/4.7
17/A/1 Conxunto pétreo
Couso. 17/A/7

b) As Seccións

Sección A
1.- Xeografía.- Subestación Eléctrica. Rego das Canelas. Porta natural de entrada na área das Cancelas.
2.- Patrimonio.- .- Conxunto pétreo. Couso 17/A/7

Sección B
1.- Xeografía.- Área achairada . Monte das Cancelas/ Canelas
2.- Patrimonio.- .- 1 estructura ovalada en estudo.

Sección C
1.- Xeografía.- Rego das Charcas. 634. Plataforma 661m.
2.- Patrimonio.- .- 1 estructura circular o carón do Rego das Charcas e unha estructura moi longa na parte sul do camiño. Pequeno peche con prado na subseccción 9.

Sección D
1.- Xeografía.- Monte das Cancelas. A parte mais achairada.
2.- Patrimonio.- 2 Estructuras ovaladas Zona irregular inzada de penedos e pequenos e suaves outeiros. Na subsección 8 tén o seu berce o Camiño cara o Terreiro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario